OurenseÚltima hora

Expourense súmase ao Día Internacional das Feiras

O recinto reiral de Ourense confía no papel das feiras "na reactivación económica do entorno"

O cadro de persoal de Expourense.

 

Neste mércores 2 de xuño, Expourense súmase un ano máis á celebración do Día Mundial das Feiras, o Global Exhibitions Day (GED) no que participan entidades de más de 85 país e que reivindica a relevancia da actividade feiral, dos seus efectos e repercusión económica e social.

A situación de crise mundial provocada pola pandemia conlevou, durante máis dun ano, a cancelación, aprazamento ou reconversión a evento virtual de todas as feiras a nivel mundial. A celebración de FITUR Madrid o pasado mes de maio supón un punto de inflexión e esperanza na recuperación do sector e converteuse nun referente global e a primeira gran experiencia de mobilidade internacional segura. Este é un dos motivos que levou a Exppourense a participar activamente en FITUR presentando as súas dúas feiras internacionais de turismo: Xantar e Termatalia.

Desde Expourense sempre insisten en destacar o papel que van xogar as feiras comerciais na reconstrución e reactivación económica, tanto a nivel local como nacional e internacional. A pesar da pandemia, o rcinto non parou a súa actividade creando para iso eventos de formato híbrido e distintas accións profesionais vinculados aos proxectos incluídos no seu calendario para garantir a actividade e o contacto permanente cos sectores aos que representa cada feira ou evento.

Nestes momentos, o obxectivo é “conseguir unha vacinación cada vez máis xeneralizada, un avance indispensable para relanzar a actividade presencial, que é o aceno de identidade do sector feiral”. Os recintos víronse obrigados a reinventarse e a apostar pola tecnoloxía para seguir cumprindo o seu obxectivo que non é outro que poñer en común á oferta e á demanda dos sectores sobre os que organizan as súas feiras e eventos especializados. Desde Expourense defenden que “a tecnoloxía non pode substituír á presencialidade nin ao contacto cara a cara, pero recoñecen tamén que moitos cambios viñeron para quedar e que o formato híbrido perdurará en moitas das súas actividades unha vez alcanzada a tan ansiada “normalidade”.

O reto que os recintos feirais teñen agora por diante é defender que, tomando as medidas sanitarias oportunas, as feiras son un evento seguro.

Artigos relacionados

Back to top button