EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Expourense convértese nun enorme concesionario co Salón do Automóbil

O noveno Salón do Vehículo Novo ofrece descontos que van dende os 150 aos 5.000 euros

As mellores ofertas e novidades sobre o automóbil concéntranse durante estas dúas fins de semana (20 a 23 de outubro e do 27 ao 29 de outubro) no Salón do Atomóbil Novo e de Ocasión.

Así, o noveno Salón do Automóbil Novo abriu hoxe, 20 de outubro, as súas portas presentando unha ampla oferta composta por 400 vehículos de máis de 20 marcas de todas as gamas, modelos e prezos. As 17 empresas participantes fan unha forte aposta neste salón ampliando as opcións elección á hora de elixir un coche, xa que a meirande parte deles ofrecen descontos especiais de feira que abranguen dende os 150 euros ata os 5.000.

Nesta cita participan como expositores os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO.

Esta inauguración contou coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación, Jorge Pumar; o presidente do comité exectivo de Expourense, Juan Carlos Parada; o presidente de ACAUTO, Ramón Seijas; e o director de zona centro Ourense de ABANCA, Carlos Alberto Diez, que estiveron acompañados por distintas autoridades e numerosos empresarios da provincia.

Dende ACAUTO indican que agora mesmo é “o momento ideal para mercar un coche xa que os fabricantes están a loitar polo liderado do mercado nos resultados anuais e iso conleva axustes nos prezos”, explicaou o vicepresidente Gerardo Aragonés. Non existen na actualidade axudas públicas que incentiven a mercar os vehículos “pero esas axudas son agora asumidas polos propios fabricantes polo que o consumidor apenas o nota”.

Tamén é un bo momento para cambiar de coche porque acaban de saír o mercado as novidades para a campaña 2018 e isto implica a baixada de prezos dos modelos anteriores xa que “os fabricantes sacan promocións especiais para liquidar eses vehículos e moitos deles pasan a ser kilómetro 0 co desconto que iso supón”, indicou Aragonés.

Artigos relacionados

Back to top button