ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Extinguido o incendio de Sobrado (Trives)

Comezaba de madrugada e ten afectado a unhas 21,56 hectáreas, segundo Medio Rural

Ás 13:44h. quedaba extinguido o incendio forestal que se declaraba de madrugada na parroquia trivesa de Sobrado. O lume estendíase e afectaba tamén ao veciño municipio de Quiroga, en concreto á parroquia de Enciñeira, xa na provincia de Lugo.

Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, a superficie afectada é de 21,56 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de raso. O incendio comezaba ás 02,05 h. da mañá e no lugar levan traballado 4 axentes, 10 brigadas e 9 motobombas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close