A MezquitaConcellosCualedroÚltima hora

Extinguido o incendio da Esculqueira (A Mezquita), tras queimar 233 hectáreas

Tamén quedaban extinguidos o lume de Cualedro e os tres rexistrados no concello de Muíños

Imaxe do incendio da Esculqueira (A Mezquita), que quedaba extinguido onte.

 

Ás 21:10 h. de onte quedaba extinguido o lume rexistrado no municipio ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que entrara por Portugal no mediodía do sábado, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 233,36 hectáreas, das cales 160,36 ha son rasas e 73 arboradas. Para a súa extinción mobilizáronse en total 17 axentes, 36 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros.

 Lume en Montes (Cualedro)

Tamén era extinguido ás 21:33 h. de onte un incendio no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes, que se orixinara na noite do domingo. Segundo as últimas medicións con GPS, o lume afectou 30 hectáreas de monte raso. Para o seu control mobilizáronse en total 7 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 4 avións e 4 helicópteros.

Tres lumes en Muíños

Así mesmo, Medio Rural informa de que tamén quedaban extinguidos tres lumes no municipio ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectaron en total 4,2 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Os dous primeiros comezaron na tarde de onte -case simultaneamente-, mentres o terceiro se iniciou xa de madrugada.

O primeiro incendio, que se orixinara ás 17,24 h., quedou extinguido ás 21,28 h. Segundo as últimas medicións, afectou 0,8 hectáreas de superficie, 0,4 delas rasas e outras tantas arboradas. Para o seu control mobilizáronse en total 1 axente, 4 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button