ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Extinguido o incendio de Pradoalbar (Vilariño de Conso) tras queimar unhas 7.000 hectáreas

Publicidade
Superficie afectada polo lume en Vilariño de Conso./ Imaxe: @Brif Laza.

 

Ás 18:30h. de onte, venres 29 de xullo, quedaba extinguido o incendio forestal que se iniciaba o pasado venres 15 de xullo e que arrasaba unhas 6.999,36 hectáreas (1.226 de arborado e 5.773,36 de monte raso), segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Nos labores de extinción deste incendio, que afectaba ao Parque Natural do Invernadeiro, traballaban 6 técnicos, 96 axentes, 191 brigadas, 85 motombas, 7 pas, 9 avións e 15 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button