ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Extinguido o incendio de Rubiais (Viana do Bolo)

Afectou a unha superficie de 50 hectáreas, segundo datos da Consellería de Medio Rural

Incendio en Pradorramisquedo. Foto: Brif Laza.

 

Extinguido o incendio de Rubiais (Viana do Bolo) ás 22:43 horas de onte. Segundo datos da Consellería de Medio Rural, o lume afectou a unha superficie de 50 hectáreas, das cales 47 corresponden a monte raso e as 3 restantes son de arborado.

Para a súa extinción mobilizáronse un total de 6 axentes, 21 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

 

Pradorramisquedo

Segue activo o incendio na parroquia de Pradorramisquedo, no mesmo Concello de Viana do Bolo. Este lume comezou na mañá do luns e, segundo as últimas estimacións, afecta provisionalmente unhas 200 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 13 axentes, 36 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

 

Artigos relacionados

Back to top button