OurenseÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Casteloais (Chandrexa de Queixa)

 

Ás 20:51 h. de onte, 16 de setembro, quedaba extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais.

Segundo as últimas estimacións, afectou 19 hectáreas de superficie, das cales 2 son de arborado e 17 de raso, tal e como indica a Consellería do Medio Rural. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para a súa extinción mobilizáronse 9 axentes, 29 brigadas, 13 motobombas, 5 helicópteros e 2 avións.

Imaxes: Brif Laza.

Artigos relacionados

Back to top button