OurenseÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Manín (Lobios)

A superficie afectada foi de 425 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

O lume rexistrado o pasado sábado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, e despois de entrar dende Portugal, quedou extinguido ás 11:58 horas desta mañá de 12 de agosto, segundo datos de Medio Rural.

 

Incendio en Lobios./ Foto: Brigada Vilamaior.

 

Tras as correspondentes medicións, a superficie afectada foi de 425 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Na extinción deste incendio participaron 1 técnico, 22 axentes, 55 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 9 avións e 11 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Foi neste lume onde se accidentou un hidroavión do operativo de extinción portugués, no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida.

Artigos relacionados

Back to top button