ConcellosÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Ramilo (Viana do Bolo)

Finalmente, segundo Medio Rural, a superficie afectada foi de 25 hectáreas
Vista do fume incendio dende a zona de Verín.

En torno ás 14.45h. desta tarde quedaba extinguido o lume forestal na parroquia de Ramilo, no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Ramilo.

Finalmente, segundo informa a Consellería do Medio Rural, a superficie afectada foi de 25 hectáreas de monte raso, “todas en Galicia, aínda que nun primeiro momento parecía que o lume se iniciara en Zamora”. O incendio empezaba ás 23 h. de onte, 31 de decembro, e nel traballaron 4 axentes, 7 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

 

Artigos relacionados

Back to top button