Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Requeixo (Chandrexa de Queixa)

Permanece activo o lume de Lobios, no que faleceu un piloto dun hidroavión

Extinguido ás 20:15h. de onte o incendio do municipio de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo. Orixinárase o sábado e, segundo as últimas medicións de Medio Rural, afectou unha superficie de 22 hectáreas de monte raso. Nos labores de extinción participaron 7 axentes, 16 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

 

Incendio de Lobios. Foto: Brigada Vilamaior.

 

Lobios

Estabilizado ás 18,44 h. de hoxe o incendio rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, tras comezar o sábado ás 8:00 h. e despois de entrar dende Portugal. Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unhas 420 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.

No control deste incendio levan traballado 1 técnico, 20 axentes, 55 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 9 avións e 11 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Foi neste lume onde se accidentou un hidroavión do operativo de extinción portugués, no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida.

 

Muíños

Ademais, foi extinguido o novo lume no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Orixinouse ás 1:07 h. da madrugada do luns e, segundo datos de Medio Rural, rolda 1 hectárea rasa. Lévanse mobilizado para o seu control 4 axentes, 7 brigadas e 5 motobombas.

Así mesmo, segue controlado o lume dese mesmo concello ourensán de Muíños, tamén na parroquia de Requiás, que se iniciara o venres e que afecta provisionalmente unhas 50 hectáreas de superficie. Para a súa extinción lévanse mobilizado 7 axentes, 25 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button