Extinguido o incendio forestal de Requeixo (Chandrexa) tas queimar 175 hectáreas
5 de Xaneiro de 2019
Toda a superficie afectada polas chamas era de monte raso, segundo a Consellería do Medio RuralImaxe do incendio en Requeixo (Chandrexa de Queixa).
O lume forestal rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, deuse por extinguido ás 13:10 h. deste 5 de xaneiro, tal e como informa a Consellería do Medio Rural. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de arredor de 175 hectáreas, todas elas de monte raso.
Este incendio iniciábase no día de onte, 4 de xaneiro, ás 14:31 h. con dous focos simultáneos en zonas de difícil acceso e na súa extinción traballaron 5 axentes, 12 brigadas, 2 avións e 1 helicóptero.
Trátase do cuarto incendio que se rexistra na provincia de Ourense en apenas unha semana, tras dous no municipio de Viana do Bolo e outro no da Mezquita.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.