En portadaÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

Foto: BRIF Laza.

 

Ás 20:57 h. desta tarde quedaba extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo, tal e como vén de informar a Consellería do Medio Rural.

Este lume orixinárase o pasado sábado 17 de xullo e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 197 hectáreas. Delas, 107 son de monte raso e 90 arboradas. Na extinción deste incendio participaron en total 1 técnico, 30 axentes, 52 brigadas, 25 motobombas, 2 pas, 8 avións e 9 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button