ConcellosRubiá

Extinguido o lume de Pardollán (Rubiá), que afectaba a 41,35 hectáreas

O incendio de Ourense, con 60 hectáreas queimadas, está estabilizado nestes momentos

Imaxe do incendio de Pardollán (Rubiá). Foto cedida.

 

Ás  20:24 h. deste domingo 19 de xullo, quedaba extinguido o lume da parroquia de Pardollán (Rubiá), que se iniciaba o pasado venres ás 13:05h. Segundo as últimas estimacións, o incendio afectou unha superficie de 41,35 hectáreas, das cales 30 son arboradas e o resto monte raso, tal e como indica a Consellería do Medio Rural.

Para a extinción deste incendio foi preciso mobilizar a 1 técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 5 helicópteros e 11 avións.

Ourense

Por outra banda, nestes momentos está estabilizado o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unha superficie dunhas 60 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 1 técnico, 11 axentes, 31 brigadas, 20 motobombas, 7 helicópteros e 11 avións.

 

O lume de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close