OurenseÚltima hora

Extinguido o lume forestal de Fitoiro (Chandrexa de Queixa)

Afectaba unha superficie de 25 hectáreas, das cales 2 son de arborado e 23 de monte raso, segundo Medio Rural

Ás 23:20h. da noite de onte, 24 de marzo, quedaba extinguido o incendio forestal que comezaba no mediodía dese mesmo día na parroquia de Fitoiro (Chandrexa de Queixa).

Segundo as últimas estimacións da Consellería do Medio Rural, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 2 son de arborado e 23 de monte raso. Na súa extinción traballaron 2 axentes, 10 brigadas, 2 motobombas e 4 helicópteros.

 

Artigos relacionados

Back to top button