Extinguido o lume forestal de Sabuguido (Vilariño de Conso), tras queimar 85 has

O incendio quedaba extinguido ás 22:51h. da noite do 16 de marzo e afectou a unha superficie de monte baixo

Imaxe do incendio na tarde de onte./ Foto: Brif Laza.

O incendio que afectaba na tarde do 16 de marzo á parroquia de Sabuguido (Vilariño de Conso) quedaba extinguido ás 22:51h. desa mesma noite, segundo informa a Consellería do Medio Rural. O lume iniciábase con  múltiples focos ao mesmo tempo ás 16:20 h.

Segundo as últimas estimacións feitas públicas por Medio Rural, afecta unha superficie dunhas 85 hectáreas de monte raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Na extinción deste incendio traballaron 4 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas e 7 helicópteros.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies