ConcellosÚltima hora

Extinguidos o incendios de Vilardemilo (Viana) e Queirugás (Verín), mentres segue activo o de Monterrei

Vista do incendio forestal de Flariz, en Monterrei. / Foto: cedida.

 

Ás 12:30h deste domingo, 26 de xullo, quedaba extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo. O lume iniciábase o pasado xoves, 23 de xullo, na parroquia de Vilardemilo e, segundo datos de Medio Rural, afectou a unha superficie total de 210,47 hectáreas, das cales 159,3 son de monte raso e o resto arborado.

O incendio comezou en cinco focos diferentes e a unhas horas nas que os medios non podían traballar, o que indica unha clara intencionalidade. Para o seu control mobilizáronse un tal de 22 axentes, 1 técnico, 51 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 8 avións.

Verín

Extinguido tamén dende as 12:31h o incendio da parroquia de Queirugás, en Verín. O lume comezou o mércores 22 de xullo e segundo as últimas estimacións da Consellería de Medio Rural, afectou a unha superficie de 143,93 hectáreas, 105,48 arboradas e o resto de monte raso. Na extinción traballaron 17 axentes, 1 técnico, 35 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 9 avións.

Monterrei

Permanece activo o lume do concello de Monterrei. O incendio comezou arredor das 17:00h do pasado venres, 24 de xullo, na parroquia de Flariz e, segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 450 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 22 axentes, 42 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións. Tamén mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Artigos relacionados

Back to top button