A MezquitaConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Extinguidos os incendios de Castiñeira e San Cristovo (Vilariño de Conso)

Ademais está estabilizado o incendio da Esculqueira (A Mezquita)

Publicidade
Fume dos incendios forestais do municipio Vilariño de Conso./ Foto: A.R.

 

Ás 19:25 h. da tarde deste domingo 6 de setembro quedaban extinguidos os lumes forestais de Castiñeira e San Cristovo (Vilariño de Conso), tras comezar o venres á noite con tres focos cada un deles, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

Tras a súa medición, a superficie afectada foi de 16,42 hectáreas no caso da parroquia de Castiñeira e de 45,39 hectáreas na de San Cristovo, en ambos casos de monte raso. Na súa extinción participaron en total 12 axentes, 23 brigadas, 9 motobombas e 3 pas.

Estabilizado o incendio da Esculqueira (A Mezquita)

Tamén esta tarde, ás 16:13 h. quedaba estabilizado o lume rexistrado no concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que entrou por Portugal no mediodía do sábado.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 240 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 12 axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button