OurenseÚltima hora

Extinguidos os incendios forestais de Chandrexa e Muíños

O de Requeixo afectaba finalmente a unha superficie de unhas 50 hectáreas, segundo Medio Rural

Superficie afectada polo lume en Requeixo (Chandrexa de Queixa)./ Foto: Brif Laza.

 

Quedaron extinguidos os dous lumes forestais rexistrados nas últimas horas nos concellos ourensáns de Chandrexa de Queixa e Muíños, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

No primeiro caso, o lume afectou á parroquia de Requeixo e deuse por extinguido ás 9:43 h. desta mañá, tras iniciarse o venres ás 16.08 h. Afectou, segundo as últimas medicións, unha superficie de 50 hectáreas, todas elas de monte raso. Nas tarefas de extinción deste incendio mobilizáronse 5 axentes, 31 brigadas, 4 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 3 avións.

No referente ao lume de Muíños (parroquia de Requiás), quedou extinguido ás 20.37 h. de onte, tras comezar ás 16.00 h. Segundo as últimas medicións, afectou 3 hectáreas dentro do Parque Natural do Xurés. Delas, 2,5 foron de monte raso e a media hectárea restante de arborado.

Para a extinción deste incendio, que rexistrou varios focos simultáneos en Galicia e Portugal, mobilizáronse por parte galega 2 axentes, 8 brigadas, 2 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións, participando tamén nos labores medios lusos.

Artigos relacionados

Back to top button