Galerías de fotosÚltima hora

Facendo ourizos de cartolina e escoitando historias de animais, na Biblioteca de Verín

Botando man de cartolinas, pegamento e tesoiras unha vintena de nenos de entre 3 e 9 anos desfrutaban na tarde do 23 de novembro facendo ourizos na Biblioteca de Verín. Esta divertida manualidade formaba parte da actividade “O ourizo que non quería picarse” e estaba coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos e por persoal da biblioteca. Despois había un contacontos con historias sobre animais.

Fotos: Biblioteca do Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button