CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O son do fado envolve o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Manuel de Oliveira e Cristina Águas inauguraron a III edición do ciclo de concertos Sons da Terra
Manuel de Oliveira e Cristina águas en plena actuación.

O dúo formado polo guitarrista Manuel de Oliveira e a cantante Cristiana Águas, foi o encargado de inaugurar a terceira edición do ciclo Sons da Terra, cun concerto de fado que tiña lugar no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, na tarde do 9 de setembro.

O numeroso público que asistiu á actuación na igrexa do mosteiro, pudo desfrutar da calidade individual dos dous artistas “que brilla aínda máis na actuación conxunta”, explican dende a organización. Os temas mais destacados foron “Nicolinas” e “Elixir da alma”, de Manuel de Oliveira, e “Porque Nao” e “So porque nao sei nadar”, de Cristina Águas. Cabe destarcar a interpretación de Oliveira, tocando unha peza adicada á sua filla e outra a Paco de Lucía, composta con motivo do falecemento en 2014 do insigne guitarrista algecireño.

 

Asistentes ao concerto na igrexa do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

Ámbolos dous músicos afirmaron que para eles “a música é o elixir da alma, como dí a canción de Oliveira, que se vei sublimado nun lugar metido en pleno bosque e cunha acústica excelente”, dixeron, agradecidos de ter podido actuar en Santa Cristina.

A seguinte cita musical será o vindeiro sábado, 16 de setembro, coa participación de “Fuego Divino”, da man de Mu Mbana&Jesús Mañeru.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button