CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Fado Iberia” abre a III edición dos concertos Sons da Terra no Mosteiro de Santa Cristina

Manuel Oliveira e Cristina Águas actuarán este sábado 9 de setembro en Parada de Sil
Detalle do cartel de “Fado Iberia”.

Sons da Terra chega este ano á III edición no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. E faino co proxecto “Fado Iberia” que abrirá o ciclo este sábado 9 de setembro, cun concerto do dúo formado por Manuel Oliveira e Cristina Águas.

O primeiro, é un dos expoñentes da guitarra clásica de Portugal. Compañeiro de fatigas de músicos como Jorge Pardo o Carles Benavent, foi elixido como un dos integrantes da homenaxe a Paco de Lucía no Festival de Jazz de Lisboa. Figura indispensable do excelso elenco de artistas que fixeron de Guimaraes a capital Europea da Cultura en 2014, chega a Santa Cristina na súa plenitude.

Pola súa parte, Cristiana Águas é unha das voces de maior referencia da nova xeración do fado. Deu voz ao personaxe da inmortal fadista Amália Rodrigues e actúa regularmente no Club de Fado de Lisboa. Levou a súa propuesta musical a Brasil, Holanda, Reino Unido, Francia e Rusia, e agora recala en Parada de Sil.

O concerto terá lugar ás sete da tarde e conta coa colaboración do Concello de Parada de Sil, da Deputación Provincial e do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. A seguinte cita será o 16 de setembro con “Fuego Divino” da man de Mu Mbana & Jesús Mañeru.

Artigos relacionados

Back to top button