ConcellosÚltima hora

Falece Baldomero García, fundador do Instituto de Estudos Valdeorreses

Este berciano foi asemade párroco no Barco entre os anos 1963 e 1980 e promotor da construción da igrexa de Santa Rita
Baldomero García, nunha fotografía de hai uns anos./ Foto: Carlos G. Hervella.
Baldomero García, nunha fotografía de hai uns anos./ Foto: Carlos G. Hervella.

Chegaba ao Barco en 1963 como sacerdote, pero na súa estadía ao longo de 17 anos nesta vila valdeorresa, Baldomero García Fernández (San Miguel de las Dueñas, León, 1930-2016) convertíase nun dinamizador da súa vida social e cultural. Así, ademais de exercer como párroco promovía en 1963 a construción do complexo parroquial de Santa Rita e fundaba en 1978 o Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), entre outras iniciativas. “Concebino como un instituto con todas as consecuencias, dedicado a estudar non só a comarca, senón tamén a pequena historia de cada pobo, que ten a súa importancia. A miña intención era crear un vehículo da historia valdeorresa e creo que deu os seus froitos”, contaba nunha entrevista concedida hai quince anos ao Periódico O SIL.

Interior da igrexa barquense de Santa Rita./ Foto: Carlos G. Hervella.
Interior da igrexa barquense de Santa Rita./ Foto: Carlos G. Hervella.

Era ademais “Membro de Mérito” do IEV e “Valdeorrés Ilustre”, distinción que recibía en setembro de 2001 nun acto no que dedicaba o seu discurso ao dramaturgo barquense Lauro Olmo. Era precisamente o presidente do IEV, Aurelio Blanco, quen facía público o seu falecemento e anunciaba que esta entidade lle renderá unha homenaxe pública.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close