En portadaÚltima hora

Falece Carlos Terán, primeiro presidente de AEVA e un dos seus fundadores

 

O empresario Carlos Terán durante os actos do 25 aniversario de AEVA./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Representaba á terceira xeración á fronte dun coñecido negocio familiar barquense, Agricentro Terán, e era tamén un empresario comprometido coa súa comarca. De feito, Carlos Luis Terán Díaz era un dos promotores a finais da década dos 80 da creación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), que nacía oficialmente na asemblea constituínte do 31 de marzo de 1990.

Nesa mesma xuntanza Carlos Terán resultaba elixido o seu primeiro presidente, un cargo que ocuparía ata 1992, nunha intensa etapa na que se apostou por convertir a AEVA nun motor dinamizador da comarca e canalizador das súas demanas en materia de infraestruturas e solo industrial.

Ademais de manter a súa actividade comercial,Terán participou activamente na vida política do seu municipio, formando parte da coporación barquense como concelleiro por Alianza Popular, ademais de ser membro da executiva, posteriormente, do PP.

Este empresario, que lle trasladaba o testigo empresarial ao seu fillo Carlos,  falecía onte, domingo 28 de xuño, aos 78 anos de idade. A súa familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus esta tarde nun funeral previsto para ás 18:30h. na Igrexa de Santa Rita.

Artigos relacionados

Back to top button