ConcellosÚltima hora

Falece Francisco González, ex presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses e un dos seus fundadores

Francisco González, na etapa na que era presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O seu era un nome especialmente vinculado co mundo da cultura na comarca de Valdeorras, que agora está de loito. O valdeorrés Francisco González Prieto, de 88 anos de idade, falecía o sábado 23 de maio en Ourense.

Casado con Mariluz Salgado e con tres fillos, foi un dos fundadores do Instituto de Estudios Valdeorreses, ademais de presidir esta entidade entre 1982 e o ano 2000 e de ser un dos seus membros de mérito (coa letra O). Tamén participou na creación do Orfeón Valdeorrés, do que foi así mesmo presidente varios anos.

Por outra banda, Francico González ocupou o cargo de conselleiro de Caixa Ourense e de xerente de Unión Fenosa na comarca, entre outros cargos, e participou na vida política do Barco, sendo concelleiro de O Barco de Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close