En portadaSanidadeÚltima hora

Falece no Hospital de Valdeorras un paciente que fora diagnosticado por Covid

Sanidade comunicaba ademais o falecemento dun paciente no Hospital de Ourense

 

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na tarde deste martes 16 de febreiro, a Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nos últimos tres días, de 14 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, dúas delas na provincia de Ourense.

Un deles, un home de 85 anos procedente da Residencia de Maiores de Larouco, falecía hoxe no Hospital de Valdeorras, no Barco. O último falecemento no hospital valdeorrés producíase a finais de xaneiro. O outro é un home de 95 anos, que perdía a vida onte no Hospital de Ourense.

Tamén falecía, o 14 de febreiro, un home de 85 anos, no HULA.

O día 15 de febreiro, perdían a vida no CHUF unha muller de 95 anos, procedente da Residencia Mi Casa de Ferrol e unha muller de 77 anos. Tamén falecían un home de 85 anos, na Residencia Mi Casa de Ferrol; un home de 89 anos, no CHUAC; e un home de 92 anos, no CHUS.

E hoxe, 16 de febreiro, falecían un home de 91 anos, no CHUF; dúas mulleres, de 63 e 91 anos, no CHUVI; e dúas persoas no CHUAC, un home de 84 anos e unha muller de 95.

Todos os falecidos tiñan patoloxías previas.

 

Artigos relacionados

Back to top button