ConcellosÚltima hora

Falece o bispo emérito de Astorga, monseñor Camilo Lorenzo

Este ourensán foi bispo de Astorga entre os anos 1995 e 2015

Monseñor Camilo Lorenzo, bispo emérito de Astorga./ Foto cedida.

 

Na mañá este luns 13 de xullo falecía o bispo emérito de Astorga, monseñor Camilo Lorenzo, aos 79 anos de idade, despois de agravarse o seu estado de saúde nos últimos días.

Nacido en Porto do Souto – S. Mamede de Canda (Ourense) o 7 de agosto de 1940, realizou os estudios eclesiásticos no Seminario de Ourense entre 1954-1966. Cursou a Licenciatura en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela entre 1966 e 1972.

Entre 1972 e 1995 foi profesor en el Seminario Menor de Ourense (1972-1995), ademais de vicario parroquial de Ntra. Sra. de Fátima de Ourense entre 1972 e 1983. Foi reitor do Seminario Menor de Ourense entre 1983-1992 e reitor do Seminario Maior entre 1992-1995. Ademais, foi membro do Colexio de Consultores.

O 14 de xuño de 1995 fíxose público o seu nomeamento como bispo de Astorga e o 30 de xullo dese mesmo ano foi consagrado na Catedral de Astorga. Estivo á fronte desta diócose (á que pertence á parte oriental da provincia de Ourense) durante dúas décadas. “A súa renuncia foi aceptada polo Santo Padre o 18 de novembro de 2015”, segundo informa a Diócese de Astorga.

A capela ardente de monseñor Camilo Lorenzo, instalada no Seminario de Astorga, estará aberta dende o martes 14 de xullo ás 10:30 h coas condicións de aforo establecidas. O seu funeral e posterior enierro, na Catedral, terá lugar o mércores 15 de xullo ás 12:00 h. Será enterrado na Capela daa Maxestade. O acceso ao templo será libre ata completar aforo.

Artigos relacionados

Back to top button