A VeigaConcellosEn portadaManzanedaÚltima hora

Falece o condutor dun camión formigoneira nun accidente na Veiga

 

Arredor das 17h. deste martes 22 de setembro producíase un grave accidente de tráfico na estrada OU-0804 (O Covelo-A Veiga), ao seu paso polo lugar de Pradolongo. Un camión formigoneira procedente de Manzaneda saíase da vía pola marxe dereita, envorcando e chocando contra o talude, sobre o que quedaba a cabina.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os servizos de emerxencias sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, o GES Valdeorras e os bombeiros do parque comarcal, así como a agrupación de Proteccion Civil de A Veiga.

Segundo informa o 112 Galicia, tras chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que era necesario a intervención dun guindastre con pluma para levantar o camión e acceder á cabina do vehículo, que quedou encaixada nunha rocha. Nada mais puideron acceder á cabina, os bombeiros e membros do GES Valdeorras procederon á excarceración do home falecido”.

A esta hora, os servizos de emerxencia continúan no punto á espera da retirada do camión, tal e como vén de informar o 112 Galicia.

Fotos: Facebook Voluntariado Protección Civil de Ourense.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button