ConcellosRibas de SilÚltima hora

Falece o condutor dun camión nun accidente na N-120 en Ribas de Sil

 

Na noite do luns 5 de outubro producíase un accidente de tráfico dun camión que transportaba madeira na estrada N-120, ao seu paso polo municipio lucense de Ribas de Sil. O vehículo caía ao río Sil e o seu condutor resultaba falecido.

Tras recibir o aviso dun particular arredor das 21h., dende o 112 Galicia mobilizábase aos membros do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros, aos membros do GES de Quiroga, aos axentes de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade, que se desprazaron cunha embarcación ata o punto. “Tamén foi precisa a intervención dos operarios do servizo de mantemento da vía e informados o persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil”, segundo a información do 112 Galicia.

Chegados ao lugar do suceso, “os membros do GES confirmaron que o camión estaba na beira do río e parte da cabina somerxida na auga, indicaban que a situación era complexa para achegarse ao vehículo debido á maleza dos arredores. Barallaban, incluso, a necesidade de ter que cruzar o río para socorrer á vítima”, tal e como indica o 112 Galicia

Pasadas as 00 horas, os Bombeiros de Monforte comunicaron que, tras localizar ao condutor, excarcerárono do interior da cabina e trasladaron o seu corpo ata o embarcadoiro do mesmo lugar, tal e como sinala o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button