ConcellosÚltima hora

Falece o condutor dun camión tras caer dende unha ponte en Viana

Cun falecido saldábase o grave accidente que se producía ás 21:45h.do 14 de outubro no punto quilométrico 15.000 da estrada OU-533, ao seu paso por Viana do Bolo, segundo se informa dende o gabinete de comunicación da Garda Civil de Ourense. Un camión saíase da vía e despeñábase, caíndo dende unha ponte. O seu condutor, un xove de 39 anos veciño de Cobreros (Zamora), quedaba atrapado no vehículo e resultaba falecido. Do operativo de rescate formou parte o GES da Gudiña.

Artigos relacionados

Back to top button