A GudiñaConcellosÚltima hora

Falece o condutor dun tractor nun accidente na Gudiña

 

O condutor dun tractor perdía a vida esta tarde tras envorcar o seu vehículo cando circulaba polo lugar de San Lourenzo, no concello ourensán de A Gudiña. Como consecuencia do envorco, segundo informa o 112 Galicia, a vítima quedou atrapada baixo o vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos membros dos bombeiros do GES da Gudiña para liberala.

A alerta sobre este suceso recibiuse no 112 Galicia ás 16:30 horas “mediante un aviso dos axentes da Garda Civil de Ourense, que recibiron a información a través de familiares do home. Segundo o seu relato, o varón foi atopado nunha leira, atrapado debaixo do vehículo agrícola”, indica o 112 Galicia. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia pasou aviso ao GES de A Gudiña para poder liberar á vítima e facilitar a atención aos profesionais sanitarios.

Desafortunadamente, unha vez no lugar, os equipos de emerxencias soamente puideron confirmar o falecemento do tractorista.

Artigos relacionados

Back to top button