OurenseÚltima hora

Falece o condutor dun turismo tras unha saída de vía no concello ourensán de Cartelle

 

Na tarde deste martes 12 de xullo o condutor dun turismo perdía a vida despois de sufrir unha saída de vía e caer por un desnivel co coche que manexaba, na localidade ourensá de Cartelle.

Tal como indican dende o 112 Galicia, o accidente sucedía pouco antes das tres da tarde na estrada que une as localidades de Celanova e Barral, á altura do lugar de Pereda. “Foi a esa hora, cando unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia dun vehículo accidentado nese punto, asegurando que o condutor podía necesitar asistencia médica urxente no interior do vehículo”.

Xa no lugar e finalizada a intervención, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaba o falecemento do único ocupante do turismo. A pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios desprazados ata ao lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Ademais dos profesionais de urxencias sanitarias, que mobilizaron unha ambulancia co seu equipo médico, acudiron os Bombeiros da Mancomunidade Terras de Celanova, que tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar á vítima; os axentes de Tráfico; e os voluntarios de Protección Civil de Cartelle e da Mancomunidade Terra de Celanova.

Artigos relacionados

Back to top button