ConcellosO BarcoÚltima hora

Falece o empresario da forxa e exconcelleiro barquense Jesús Del Pont

O empresario Jesús Del Pont./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Barco despide ao empresario valdeorrés Jesús del Pont, propietario da empresa Forxas del Pont. Este artesán da forxa de 61 anos falecía na tarde do sábado 29 de agosto tras sufrir un accidente o venres, ao caerse dunha árbore.

Del Pont era unha persoa moi coñecida no municipio, no que ademais foi concelleiro nos anos 90 de Parques e xardíns, baixo as siglas de Alianza Popular,  tamén foi un dos promotores da agrupación de Protección Civil do Barco.

O seu funeral está previsto para mañá luns ás 12h. na localidade de Vilaster (Quiroga) e a continuación terá lugar o sepelio no cemiterio desta localidade lucense.

Artigos relacionados

Back to top button