ConcellosO BarcoÚltima hora

Falece o médico barquense Manuel Sánchez Delgado

Manuel Sánchez./ Cedida.

 

O barquense Manuel Sánchez Delgado falecía o pasado 15 de xaneiro aos 66 anos no seu domicilio de Pontevedra. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1978, e especialista en cirurxía xeral, contaba cunha dilatada traxectoria profesional como facultativo, pero tamén no ámbito da xestión, ocupnado postos como o de subdirector xerente do Hospital Universitario La Paz de Madrid en 1998, o de xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (2004- 2007) ou o de xerente do Consorcio Centro de Investigación Biomédica en Red (CIBER) dende o 2014.

Manuel Sánchez, casado e con dúas fillas, colaborou profesionalmente con Orlando Saavedra, actualmente concelleiro de Sanidade do Barco, co que mantivo unha gran amizade.

“Manolo foi un ser excepcional no persoal, humano e profesional. É unha gran perda para a súa nai Chelo, a súa muller Mª José, as súas fillas Eugenia e Anita, para o resto da familia e para todos, tamén para a sanidade deste país”, destaca o seu primo, o tamén barquense José Ángel Rodríguez Delgado.

 

Artigos relacionados

Back to top button