OurenseÚltima hora

Falece o ourensán Raúl Fernández, deputado socialista no Parlamento galego

Na tarde do 20 de xuño falecía Raúl Fernández, deputado ourensán no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE. Este parlamentario foi antes alcalde do seu municipio natal, Castrelo do Val, ademais de exercer como mestre na súa vila e noutras localidades galegas.

Os seus compañeiros no grupo parlamentario socialista emitían un comunicado no que amosaban “o seu máis sincero agarimo para acompañar á súa familia e amigos no momento máis difícil. Raúl foi un exemplo de honestidade, bo facer, traballo e dedicación ao longo de toda a súa traxectoria profesional e política, ademais de un compañeiro insubstituíble neste Grupo Parlamentario”.

 

 

Tamén o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, manifestaba nunha nota o seu pesar polo falecemento de Raúl Fernández Fernández, unha “persoa tolerante, sempre aberta ao diálogo, coa que era imposible levarse mal”.

O Parlamento de Galicia declarou loito oficial polo falecemento do deputado. Desde esta tarde, as bandeiras ondean a media hasta no Pazo do Hórreo en sinal de pesar.

 

Artigos relacionados

Back to top button