ConcellosÚltima horaVilamartín

Falece o primeiro tenente de alcalde de Vilamartín, José Luís Álvarez

O seu funeral está previsto para o domingo 22 de novembro ás 12h. na igrexa de San Vicente de Leira

José Luís Álvarez, exercendo como concelleiro nun pleno en Vilamartín.

 

Neste sábado 21 de novembro falecía o primeiro tenente de alcalde de Vilamartín de Valdeorras e concelleiro de Sanidade, Asistencia Social e Participación Cidadá, José Luís Álvarez Álvarez, con 68 anos de idade. Natural de San Vicente de Leira, tomaba posesión do seu cargo como edil nesta lexislatura en xuño de 2019. Estaba casado e tiña dous fillos.

Dende o Concello de Vilamartín, cuxo alcalde é o socialista Enrique Álvarez Barreiro, publicábase un comunicado nas redes sociais lamentando “a perda dunha persoa comprometida co pobo e que quixo dedicar o seu tempo a mellorar a vida dos seus veciños”.

Así mesmo, dende o PSdeG-PSOE de Ourense emitíase un comunicado de condolencias, asinado polo secretario xeral, Rafael R. Villarino, sinalando que “finou un socialista que, a pesares da súa grave enfermidade, entregouse ao traballo municipal ata o último día; unha persoa altruísta e discreta que se dedicou aos demais a cambio de nada”.

A súa capela ardente está no Tanatorio La Cruz de O Barco de Valdeorras e o seu funeral está previsto para mañá ás 12 horas na igrexa parroquial de San Vicente. Posteriormente será enterrado no cemiterio desta localidade vilamartinesa. Por motivos sanitarios, non se recibe dó.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button