En portadaÚltima hora

Falece un barquense nun accidente en As Nogais (Lugo)

O sinistro tiña lugar no punto quilométrico 437 da A-6, en sentido Madrid
Imaxe do vehículo sinistrado.

Pasadas as dúas da tarde do 17 de xaneiro tiña lugar un accidente de tráfico na zona de As Nogais (Lugo). Producíase unha colisión entre un turismo e un camión, como consecuencia da cal resultou morto o condutor do coche. O vehículo ía en sentido Madrid cando alcanzou pola parte traseira ao camión, no punto quilométrico 437 da A-6. O falecido era J.A.V.G., un barquense de 45 anos de idade. O condutor do camión, pola contra, resultaba ileso.

Segundo fontes da Garda Civil de Tráfico, a colisión producíuse polo lado dereito e o coche “quedou cravado” no trailer. O sinistro tiña lugar nunha vía de tres carrís e barállase que as causas do mesmo puideran ser un despiste ou unha distracción.

A persoa falecida tivo que ser excarcerada do turismo. Segundo o Centro de Atención ás Emerxencias do 112, activouse un operativo composto por Urxencias Médicas, os Bombeiros de Sarria, o GES de Becerreá e a Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button