ConcellosO BarcoÚltima hora

Falece un barquense nun accidente de tráfico no norte de Portugal

 

Nun accidente de estrada que se producía en Vila Pouca de Aguiar, no norte de Portugal, perdía a vida un coñecido empresario barquense do sector cárnico, A.R. O sinistro tiña lugar arredor das sete da tarde (hora portuguesa) do venres 14 de maio no km 42 da autoestrada 24 (A24), no sentido Vila Pouca de Aguiar–Chaves. O coche saíase da estrada e chocaba cun panel de sinalización producíndose, seguidamente un incendio, quedando o condutor atrapado.

Cando os equipos de emerxencia chegaron, o vehículo xa estaba cuberto polas chamas, resultando falecido o seu ocupante, tal e como informa a prensa lusa.

A nova do seu falecemento causaba conmoción na vila barquense, xa que era unha persoa moi coñecida.

 

Artigos relacionados

Back to top button