ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Falece un camioneiro ao caer co seu vehículo pola ponte de Soldón, en Quiroga

O accidente tiña lugar ás cinco menos cuarto do mércores 3 de maio na N-12o

Un camioneiro falecía na tarde do 3 maio nun accidente de tráfico no municipio lucense de Quiroga, ao caer co seu vehículo pola ponte de Soldón.

O camión transportaba residuos urbanos sólidos e a carga acabou no río despois de saírse da calzada pola marxe dereita e arrancar varios metros do valado antes de precipitarse ao vacío. O accidente tiña lugar no punto quilómetro 484.500 da N-120, ao seu paso polo municipio quirogués  ás 16:45h. cando o vehículo sinistrado enfilaba, dirección Ourense, a ponte que cruza a desembocadura do río Soldón no Sil, un viaducto duns douscentos metros de longo e trazado en curva. O condutor falecía no acto.

Urxencias Médicas  desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto. De seguido, o CAE 112 Galicia solicitaba a colaboración da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Monforte e dos efectivos do GES de Quiroga-Folgoso.  O 112 Galicia informou do sucedido, tamén, a Protección Civil.

 

Artigos relacionados

Back to top button