ConcellosÚltima hora

Falece un cazador en Chandrexa de Queixa ao disparárselle accidentalmente unha escopeta

 

Arredor das 16h. deste domingo 24 de novembro falecía en Chandrexa de Queixa un cazador ao disparárselle de xeito accidental unha escopeta. Ocorreu no Alto dos Chaos, na parroquia de Requeixo. Era un compañeiro deste mozo cazador quen alertaba do ocorrido ao 112 Galicia, tal e como se informa dende este organismo.

Nada máis ser alerdados do sucedido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Protección Civil da localidade, do GES de Castro Caldelas e da Garda Civil. Ademais, os xestores do 112 Galicia informaron dos feitos ao GES de Laza.

Unha vez desprazados ao lugar e, “a pesar dos esforzos, os servizos médicos nada puideron facer por salvar a vida do cazador”, sinalan dende o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button