ConcellosEn portadaÚltima hora

Falece un cazador nunha batida de xabarín en San Xoán de Río

 

Arredor das tres e media desta tarde de 19 de xaneiro producíase un accidente durante unha batida de xabarín na parroquia de Villardá, no municipio de San Xoán de Río. Como conscuencia do mesmo resultaba falecido un cazador duns 60 anos de idade, que non era desta zona pero que acostumaba cazar cada domingo coa peña de Río.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato un helicóptero medicalizado con base en Ourense e os sanitarios, que nada puideron facer por salvar a vida do home, así como membros de Protección Civil de San Xoán de Río, o GES de Castro Caldelas e a Garda Civil.

Segundo puido saber este medio de comunicación, trátase do primeiro accidente deste tipo que se produce en San Xoán de Río en 30 anos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close