OurenseÚltima hora

Falece un condutor en San Cibrao das Viñas tras precipitarse por un desnivel co seu vehículo

 

Na madrugada deste venres 8 de outubro producíase un accidente de tráfico en San Cibrado das Viñas, que se daldaba co falecemento do condutor dun vehículo que caía por unha ponte.

O aviso ao 112 Galicia chegaba a través dos axentes de Tráfico, que pedían axuda para auxiliar a un turismo que caera por un desnivel na N-525, ao redor do punto quilométrico 234. Desde ese intre os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias-061, dos Bombeiros de San Cibrao e dos membros do GES de Pereiro de Aguiar.

A vítima, atrapada no interior do vehículo envorcado e xa falecida, tiña que ser excarcerada.

Artigos relacionados

Back to top button