ConcellosÚltima hora

Falece un home ao volante dun tractor en Cambela (O Bolo)

Ás 9:37h. desta mañá de mércores 11 de abril o 112 Galicia recibía o aviso dun accidente de tráfico no municipio do Bolo. Ao parecer, o condutor dun tractor sufría un infarto e chocaba contra unha casa en Cambela.

“A vítima sufriu unha indisposición que lle levou a perder o control do vehículo e bater contra unha vivenda. Foi un particular quen alertou mediante unha chamada ao 112 Galicia, desde onde se informou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos membros do GES de Valdeorras, aínda que a persoa estaba liberada e accesible”, segundo informa o 112 Galicia.

O condutor, un home de avanzada idade, resultaba falecido. Ata o lugar do suceso desprazábanse os efectivos de emerxencias, entre eles Protección Civil de Bolo, a Garda Civil, o GES de Valdeorras e os sanitarios.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button