OurenseÚltima hora

Falece un home en Laza ao envorcar o tractor que manexaba

 

Arredor das catro e media desta tarde producíase un accidente na parroquia de Toro, no concello de Laza. Un home perdía a vida ao envorcar o tractor que manexaba e ao quedar debaixo deste vehículo agrícola nunha pista forestal

Tras recibir a alerta do accidente, de inmediato o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar dos feitos. A pesar dos esforzos, o equipo médico desprazado na aeronave nada puido facer por salvarlle a vida ao home accidentado”, segundo informa o 112 Galicia.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Verín, do bombeiros do GES de Laza e da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button