OurenseÚltima hora

Falece un home en San Cristovo de Cea por picadura de avespa

Mapa da provincia de Ourense, onde aparece resaltado o concello de San Cristovo de Cea, onde se produciu o suceso.

Un veciño de 65 anos da localidade de Parada (San Cristovo de Cea) falecía ás 18h. do pasado sábado 21 de xullo tras ser picado por unha avespa. O home, que era alérxico, recibía a picadura mentres traballaba nunha horta nas proximidades da súa casa e tras notala, avisaba á súa muller para que lle administrase a adrenalina.

Mobilizouse ata o lugar unha ambulancia do 061 e un helicóptero medicalizado, pero o persoal sanitario non puido facer nada pola vida desta persoa, que resultaba falecida.

Artigos relacionados

Back to top button