ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Falece un home que conducía un tractor en Coedo (O Barco)

 

Arredor das catro desta tarde producíase un accidente en Coedo (O Barco) no que resultaba falecido unha persoa ao envorcar o tractor que conducía, quedando atrapado debaixo do vehículo.

Ata o lugar do suceso dirixíanse de inmediato a Policía Local, os bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras, así como dúas ambulancias, os bombeiros do parque comarcal, e a Garda Civil, pero nada puideron facer pola persoa, de avanzada idade, que xa estaba falecida.

Artigos relacionados

Back to top button