ConcellosEn portadaÚltima hora

Falece un membro do Pizarras Tres Cuñados FS nun accidente de tráfico

O grave sinistro, no que tamén resultaban feridas graves outras dúas persoas, tiña lugar na N-120 á altura de Toral de Los Vados
Estado no que quedou o coche que sufriu o impacto lateral.

O equipo de fútbol sala Pizarras Tres Cuñados FS está de loito. Un dos seus xogadores, J.C. de 24 anos falecía nun desgraciado accidente de tráfico. O seu irmán B.C. que viaxaba con el nun Ford Focus, reultaba gravemente ferido e tiña que ser excarcelado.

Segundo informan dende o Centro de Emergencias Castilla y León 112, unha chamada ás 14:32 de hoxe, sábado 28 de xaneiro, informaba do accidente de “dous turismos que colisionaron frontalmente á altura do kilómetro 429 da N-120, no termo municipal de Toral de los Vados (León)”, o Ford Focus que impactou lateralmente contra un Seat Altea que circulaba en sentido contrario dirección Ourense.

A sala do 112 deu aviso a Guardia Civil de Tráfico, bombeiros de Ponferrada e Emergencias Sanitarias, Sacyl, que enviou un helicóptero medicalizado, ambulancia de Soporte Vital Básico e o médico do centro de saúde de Villafranca do Bierzo. O persoal sanitario confirmaba o falecemento do copiloto do Focus, atendendo a outras dúas que foron trasladadas ao Hospital do Bierzo, o condutor do Ford (B.C.) e unha das dúas mulleres que viaxaban no outro coche implicado. A outra muller resultaba ferida leve, tal como informan dende bombeiros de Ponferrada que foron os encargados de sacar e atender en primeira instancia aos implicados.

Os dous xogadores do Tres Cuñados, naturais de Casaio (Carballeda de Valdeorras), ían xogar o partido da xornada 14 en 2ª nacional B contra FS Cuéllar Cojalba (Segovia).

Artigos relacionados

Back to top button