OurenseÚltima hora

Falece un motorista nun accidente de tráfico no Pereiro de Aguiar

 

Un motorista perdía a vida neste domingo 7 de xuño nun accidente de tráfico que se producía arredor das 11:15h. no lugar de Parada (parroquia de Sabadelle), pertencente ao municipio ourensán de Pereiro de Aguiar. A súa moto chocaba contra un coche.

“Debido á gravidade do sinistro, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o lugar dos feitos o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, a pesar dos esforzos, o equipo sanitario nada puido facer por salvarlle a vida ao motorista”, segundo informa o 112 Galicia.

Nada máis ter coñecemento do ocorrido a través do persoal sanitario, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, do GES do Pereiro de Aguiar e dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas.

 

Foto: Bombeiros Deputación de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button