ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Falece un motorista nun accidente na N-120 en Larouco

O sinistro tiña lugar nas proximidades do cruce de Seadur

En torno ás 12:20h. deste sábado 18 de agosto producíase un grave accidente na estrada N-120 ao seu paso polo municipio de Larouco. En concreto o sinistro tiña lugar nas proximidades no desvío cara Seadur. Nel víanse implicados un motorista e un vehículo, que colisionaban.

Como resultado do accidente resultaba falecido o motorista, un home procedente de Vigo segundo puido saber este medio de comunicación. Ata o lugar do suceso desprazábanse os servizos de emerxencias sanitarias, a Garda Civil, Tráfico, Atestados e Protección Civil de Larouco. Tamén acudía un helicóptero do 061 que, finalmente, non aterrou ao non ser necesario.

Artigos relacionados

Back to top button