En portadaÚltima hora

Falece un novo paciente con coronavirus no Hospital de Valdeorras

Trátase dun home de 90 anos. A cifra de falecementos sobe xa a un total de trece neste centro barquense

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas vén de producirse un novo falecemento dun paciente diagnosticado de coronavirus no Hospital Público de Valdeorras no Barco, segundo vén de confirmar a Consellería de Sanidade. Trátase dun varón de 90 anos que tiña patoloxías previas. Son xa trece os falecementos de persoas con COVID-19 rexistrados neste centro valdeorrés.

Ademais en Galicia perdían a vida outras seis persoas con coronavirus: dous varóns de 65 e 74 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), dúas mulleres de 87 anos e un home de 82 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e unha muller de 89 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). “Todos eles tiñan patoloxías previas”, matiza tamén Sanidade.

Máis información:
https://osil.info/a-provincia-de-ourense-ten-204-pacientes-ingresados-por-coronavirus-20-deles-no-hospital-de-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button