En portadaÚltima hora

Falece un novo paciente diagnosticado de coronavirus no Hospital de Valdeorras

Ademais nas últimas horas tamén falecía un paciente de 89 anos ingresado no CHUO

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas vén de rexistrarse un novo falecemento dun paciente diagnosticado de COVID-19 no Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Trátase dun varón de 73 anos con patoloxías previas, segundo informa a Consellería de Sanidade. Con el son xa sete os falecementos de pacientes con coronavirus no hospital valdeorrés.

Ademais falecían outras sete persoas con coronavirus en Galicia, un deles era un varón de 89 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Tamén perdían a vida tres varóns de 88, 74 e 72 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC); un varón de 86 ingresado no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS); unha muller de 90 ingresada en Povisa, e unha muller de 91 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). “Todos eles tiñan patoloxías previas”, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button